Informativo A Coruña 8:45 - 06/03/26
Aena cede e comprométese a ampliar o aeroporto coruñés de Alvedro, algo que non contemplaba nun principio. O goberno municipal traballa xa para que se licite a obra en 2027...
Novidade coñecida no pleno municipal deste xoves que aprobou por unanimidade seguir cos trámites xurídicos pra recuperar a Casa Cornide, en mans do Franco. Isto, mentres ás portas de María Pita, o persoal do programa Lecer pedía cunha cazolada cobrar todos os atrasos e retomar a actividade.
-En Noia, os mariscadores de a pé reclaman axudas a todas as administracións, incluída a europea, logo de retirar nun día 17 toneladas de moluscos mortos e cunchas baleiras da praia do Testal. Dan a campaña por perdida debido á baixa salinidade consecuencia dos temporais.
-A Consellería de Sanidade investiga un gromo de gastroenterite alimentaria en Narón orixinado na cociña do centro de día de Domus VI, que este martes cociñou para unhas xornadas escolares coa participación de varios centros.
- Neste venres previo ó 8M falamos sobre o teito de cristal que hai tamén na política municipal con tres alcaldesas da provicia: a nacionalista Goretti Sanmartín, primeira alcaldesa de Santiago, a socialisata Inés Rey, primeira rexedora da Coruña, e a popular Lucía Calvo, primeira alcaldesa de Teo