Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 05/03/2605/03/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 05/03/26

Pleno Municipal na Coruña este xoves, no que se agarda que o goberno local dea conta da situación de deterioro dos Murais de Lugrís na Rúa Olmos, tralas intensas choivas do tren de temporais. Algo que solicitan desde a oposición e diversos colectivos.

Tamén á expectativa do que se poida avanzar sobre o Programa Lecer, paralizado e sen data de comezo, e con parte do persoal sen cobrar desde novembro. Os traballadores convocan unha cacerolada hoxe ás portas do concello.

-A Coruña amplía a gratuidade das escolas infantís municipais de cara ó próximo curso. Os nenos que precisen quedar máis de oito horas poderán facelo de balde, ata un máximo de dez

-Compostela Aberta, socios de goberno do BNG en Santiago, formulan retomar a proposta do modelo mixto para a xestión da auga tralo fracaso do modelo concesional no último pleno.

- O persoal civil de Defensa retomou as mobilizacións para reclamar un complemento consolidable de 300 euros mensuais. Denuncian que seguen a cobrar menos que os militares por realizar o mesmo traballo. A maior parte dos afectados galegos traballan no Arsenal de Ferrol

Galicia Informativos
Más opciones