Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 05/01/2605/01/2026

Que tal, bo día...Deteñen con horas de diferencia a dous homes na Coruña por distintas agresións sexuais..Unha delas foi no Ventorrillo, o sábado, horas antes un individuo asaltou a unha menor en Xuxán, no interior dun ascensor.

Este último será xulgado este luns, nun xuízo rápido, por violencia de xénero.

Isto, mentres denuncian o mal funcionamento do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago, que acaba de iniciar a súa actividade.

-A Xunta de Goberno do Concello da Coruña aprobará proximamente o plan municipal de xestión de residuos 2025-2030. Os retos: mellorar o sistema de recollida e a actualización de Nostián

-Medra a preocupación entre os veciños das Somozas pola xestión de residuos perigosos do vertedoiro. Levan anos denunciando episodios de contaminación e verteduras incontroladas.

-Neste mañá do 5 de xaneiro...os Reis Magos de Oriente están camiño xa da provincia para percorrer as vilas e cidades esta tarde. A Santiago chegarán en avión -en pouco máis dunha hora-, a Ferrol por barco, e na Coruña visitarán o Hospital Teresa Herrera.

Galicia Informativos
Más opciones