Informativo A Coruña 8:45 - 04/06/25
En Santiago a rotura do PSOE local complica a xestión ao bipartito de BNG e Compostela Aberta.
A abstención dos catro edís non adscritos frearon un pago pendente, do contrato de autobuses, no pleno deste martes.
- O Foro cidadán polo Ferrocarril e o Concello de Ferrol buscan unha declaración de unidade pra reivindicar a modernización das conexións na comarca
-Todo listo para que Estrella Galicia inaugure o 19 deste mes a súa nova fábrica no Polígono de Morás, en Arteixo. Será a maior fábrica de cervexa de España e unha das de Europa.
-O museo Gaiás presenta a exposición inmersiva: "Castelao: Mirar por Galicia". Unha experiencia sensorial que nos achegará dunha forma íntima á persoa do célebre autor rianxeiro