Informativo A Coruña 8:45 - 04/03/26
Os bombeiros de Ferrol dan un voto de confianza ó goberno local lgoo de semanas de tensión.
O persoal cambia o ton do seu discurso, e a través dun comunicado anuncia que abandona as mobilizacións pola falta de persoal. É a resposta ó compromiso adquirido polo alcalde, o popular Rey Varela, de reforzar o corpo de bombeiros.
O persoal agradece o apoio cidadán durante as súas mobilizacións.
-O PSOE de Narón esixe a comparencia en pleno do xerente de Cosma, a empresa municipal de augas. Demanda explicacións tra-la sentenza que condena ó concello a pagar polo custo real da depuración prestada por Ferrol entre 2017 e 2023.
-A Asociación "O Mural" amosa a súa preocupación polos estragos que puideron ocasionar as intensas chuvias nos murais de Urbano Lugrís ubicados na rúa Olmos da Coruña. Reclaman á Xunta e Concello que ofrezan información sobre o seu estado
-O concello de Santiago inspira o seu programa para o 8M, Día Internacional da Muller, arredor da figura de Begoña Caamaño, a quen se lle adican as letras galegas deste ano. A xornalista e escritora residiu gran parte da súa vida en Compsotela