Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 03/03/2603/03/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 03/03/26

O sindicato CIG impugnará o convenio de eficacia limitada do transporte por estrada da provincia asinado pola UGT e a patronal.

É o que decidiron en asemblea esta noite os traballadores, como nos vén de confirmar o sindicato nacionalista. NON desbotan volver convocar xornadas de folga puntuais

-No transporte aéreo...O concello de Santiago vincula os malos datos turísticos, -con importantes caídas das pernoctacións- á retirada de voos de Ryanair do aeroporto de Rosalía de Castro. A alcaldesa da Coruña, mentres, pide a ampliación de Alvedro, máis co aumento de viaxeiros que terá co peche temporal de Lavacolla.

- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula os nomeamentos e retribucións que recibiron os edís tránsfugas que posibilitaron a moción de censura en Sada no ano 2022.

-Ferrol reforzará o seu corpo de bombeiros con trece novos efectivos e a mellora salarial do persoal. A xunta de goberno local en Ferrol deu luz verde á Oferta Pública de Emprego aprobada o pasado xoves na Mesa de Negociación

Galicia Informativos
Más opciones