Miramos hoxe cara oriente medio porque nas últimas horas a abogada e activista coruñesa Sandra Garrido foi apresada polo goberno israelita. Viaxaba na Global Summud Flotilla. Tamén o resto de integrantes correron a mesma sorte. Foi cando estaban a pouco máis de 150 millas de chegar a Gaza, o seu destino. Durante toda a xornada haberá mobilizacións de diferentes colectivos.
PP e BNG levarán hoxe ao pleno da Coruña as súas dúbidas sobre o mundial 2030. Aféanlle ao goberno municipal a falta de transparencia.
PSdG e Compostela Aberta descartan unha moción de censura en Santiago. O edil popular Evaristo Ben insinuara a súa vontade de presentar unha nunha entrevista.
A Coruña é a provincia con máis incidencia en diganósticos de cancro de mama en Galicia. Segundo a asociación española contra o cancro, no 2024 diagnositicáronse 940 novos casos.