Informativo A Coruña 8:45 - 02/03/26
Adif acaba de informar de que xa está solucionada a incidencia na infraestrutura ferroviaria que afecta á estación Padrón-Barbanza.
Un problema que levou a Renfe a desviar esde este domingo a circulación de trens de Media Distancia, e a establecer un plan alternativo de transporte por estrada, entre o concello Coruñés de Padrón e o pontevedrés de Vilagarcía.
-Miles de persoas saíron esta fin de semana ás rúas na Coruña e en Santiago para denunciar o abandono estrutural dos colexios da provincia, asi como a falta de persoal especializado.
-A empresa Os Ventos aceptou finalmente a concensión do servizo dos Centros Socioculturais de Santiago. Case no límite do prazo, a compañía remitiu ao concello a documentación requerida pra continuar co proceso de contratación.
-Arranca a semana do 8M...o Día Internacional da Muller, que se celebra o próximo domino. Loitar contra a violencia machista é un dos retos do concello de Betanzos para este 2026, coa creación do Centro de Información á muller.
**Neste informativo provincial conversaremos sobre este asunto coa alcaldesa de Betanzos