Informativo A Coruña 8:45 - 02/02/26
Aprázase a mañá martes o inicio da folga indefinida nos transporte de viaxeiros da provincia. Hoxe luns haberá circulación normal, e a partir da unha reúnense de novo patronal e sindicatos. A negociación desta fin de semana rematou con avances, pero, insuficientes para os reprensentantes dos traballadores.
No día da manifestación en Santiago de SOS Sanidade en defensa dunha atención digna, a asociación de pacientes do CHUS denunciou a falta de medios, hixiene e privacidade na atención a unha muller nas Urxencias do Hospital de Santiago.
O concello de Malpica prevé realizar hoxe analíticas sobre as verteduras ó mar trala rotura da balsa da antiga mina de Monte Neme. Tamén estamos pendentes da actualización de Medio Ambiente do estado da calidade da auga.
Hoxe deberían comezar na Coruña as actividades do programa Lecer dos centros municipais Fórum Metropolitano e o Centro Ágora, pero, a concesionaria do servizo abandonou o programa e debe as nóminas dende novembro. Esta tarde será a primeira protesta dos empregados.