Galicia Informativos Informativo A Coruña 13:55 - 23/05/2523/05/2025

Informativo A Coruña 13:55 - 23/05/25

No caso da absolución dun dos acusados pola morte de Samuel Luis, esta mañá coñecimos que a familia do mozo asasinado vaina recorrer. A avogada da familia confirma que presentarán recurso de casación diante do Tribunal Supremo.

A alto tribunal galego considerou que non había probas suficientes para acusar a Alejandro Míguez de asasianto. Segundo os maxistrados, as testemuñas que declararon no xuizo so confirmarían que Míguez non tentou parar o ataque. Tampouco hai probas da súa partiocipación directa na malleira.

A letrada da familia asegura que respetan a decisión do Tribuanl Superior, pero non comparten os arguemntos, polo que recorrerán o fallo.

Dende a acusación particular ALAS Coruña afirman que se adherirán ao que precisen.

No caso da Fiscalía, aínda están a estudar o fallo para decidir se recorre ou non.

Galicia Informativos
Más opciones