Galicia Informativos Informativo A Coruña 13:55 - 22/05/2522/05/2025

Informativo A Coruña 13:55 - 22/05/25

Novidades xudiciais en torno ao caso da morte do mozo Samuel Luiz, ocorrida no ano 2021. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia absolve a un dos catro condenados en primeira instancia polo seu asasinato.

A Sala do Civil e Penal aceptou o recurso que presentara un dos mozos, Alejandro Míguez, contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que o condenaba a dez anos de cárcere como cómplice do crime. Segundo o alto tribunal galego a condena carecía de base probatoria, pois ningunha testemuña acreditara que o condenado golpeara a Samuel Luiz.

Pola contra, os maxistrados rexeitaron os recursos presentados polos outros tres condenados como autores do asasinato

Galicia Informativos
Más opciones