Informativo A Coruña 8:45 - 28/10/24
A actualidade xudicial lévanos de novo a Audiencia Provincial da Coruña, a praza da Palloza, onde esta mañá reanudase o xuizo pola morte de Samuel Luiz. Hoxe está chamado ao declarar seu pai, así como outras testemuñas da agresión. O xoves as declaracións de testemuñas que eran menores no momento da agresión non aportaron información relevante.
- En Mugardos estamos pendentes da proposta de moción de censura contra o PP. Esta tarde a oposición -BNG, PSOE e Esquerda Unida- reuniránse pra tomar unha decisión definitiva.
- Ecoloxistas en Acción denuncian que Cobre San Rafael, que lidera a reactivación da mina de Touro, esta a levar as súas ofertas de emprego aproveitando a celebración de feiras en distintas localidades.
- O Deportivo perdeu ante o Racing de Santander por 1-2, o que pon en risco a continuidade de Idiakez no banquiño. Hoxe xoga o Racing de Ferrol