Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 26/11/2426/11/2024

Informativo A Coruña 8:45 - 26/11/24

Neste martes no que continúan a escoitarse os ecos das voces que marchaban este luns pra denunciar a violencia contra a muller. As manifestacións na Coruña e Santiago tiveron lugar ás oito da tarde en lembranza de tóda-las vítimas. Na nosa provincia foron dous este ano, Andrea Yturri en Palmeira, e Mercedes na Coruña. Pero a violencia está presente de moitos xeitos... nas universidades por exemplo, moitas mulleres aseguran ter sido vítimas de violencia sexual.

- Os traballadores de Navantia Ferrol están a facer catro días de paro dende este luns. Denuncian que están a recibir ameazas por parte da empresa. Hoxe comezán as negociacións en Madrid.

-A alcaldesa e os veciños de Bergondo opóñense ao proxecto do bypass na vía A Coruña-Ferrol. Alomenos 24 residentes terán que ser expropiados.

-Dimite o xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Andrés Lacasa. A institución está a travesar dificultades económicas. Lacasa alega que marcha pra afrontar novos retos profesionais

Galicia Informativos
Más opciones