Informativo A Coruña 8:45 - 26/06/24
A dirección provincial do PSOE xa ten a proposta de expediente disciplinario dos edís socialistas de Santiago que romperon a disciplina de voto na normativa das vivendas de uso turístico.
A executiva pide o cesamento dos seus cargos de confianza.
- En Fisterra, Alternativa dos Veciños abrirá a semana que vén un expediente de expulsión contra a alcaldesa se lle devolve as competencias ao que era tenente de alcalde, do seu propio partido.
-Os hospitais de Santiago pecharán este verán 112 camas, entre o Clínico e Conxo. Desde a Asociación de Pacientes denuncian a falta de previsión de Sanidade
-Persoas con parálise cerebral percorren Sada pra buscar puntos negros de accesibilidade. Unha iniciativa de ASPACE co obxectivo de crear unha guía do municipio e ofrecer propostas de mellora ao concello