Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 18/07/2518/07/2025

Noticias de A Coruña en Radio 5 de Rtve

A Fiscalía recorre ante o Supremo a absolución de Alejandro Míguez como cómplice no asasinato de Samuel Luiz. Pide que se dicte unha nova sentenza condenatoria.

En Culleredo, unha liorta entre feirantes nos preparativos das festas do Burgo sáldase con tres detidos e un ferido grave.

As familias do CEIP A Igrexa-Calo de Teo están inquietas polo proxecto de reforma do centro. O plan contempla a supresión de varias fiestras.

Galicia Informativos
Más opciones