Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 15/01/2615/01/2026

O salón plenario do concello de Ferrol acolleu a pasada tarde unha sesión tensa cun único punto do día: os orzamentos do 2026. As contas, que se achegan ós 100 millóns de euros, aprobáronse coa maioría do PP. Todo nun pleno marcado polas protestas dos bombeiros, os problemas de son e o abandono da oposición.

A Audiencia Provincial celebra hoxe o xuízo contra dous exalcaldes do PP de Miño. Están acusados de delitos de prevaricación e malversación.

Os traballadores da empresa madereira Losán mobilízanse hoxe nas fábricas de Curtis e Vilasantar. Levan sen cobrar dende outubro.

Unha nova planta de carbón vexetal en Dumbría prevé crear emprego na comarca. O proxecto conta cun investimento de máis de 28 millóns de euros

Galicia Informativos
Más opciones