Informativo A Coruña 8:45 - 09/02/24
O lixo volve a ser protagonista na Coruña. ÁS portas de que comece o primeiro fin de semana de entroido, os contedores da cidade herculina rebosan de cartón e vidro principalmente, sen recoller.
- A AMPA do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba denuncia o estado de insalubridade do centro e convoca manifestación pra finais de mes-
- En Ferrol, a plataforma por un Transporte Público da comarca xunto a outras como as de Ribeira e Valmiñor, concentraránse hoxe fronte ó edificio da Xunta antes de presentar un escrito esixindo a mellora das condicións no servizo.
- A última das 8 torres dos mariñeiros, en Avenida de Montelo, a número 6, será rehabilitada de forma integral con fondos Next Generation. Os veciños obtiveron unha subvención case íntegra da obra, valorada nun millón de euros