Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 07/04/2507/04/2025

Informativo A Coruña 8:45 - 07/04/25

"Coa nosa saúde non se xoga", foi unha das consignas coreadas este domingo por milleiros de persoas en Compostela, na marcha convocada por SOS Sanidade Pública. As longas listas de agarda e a falta de persoal foron as queixas máis escoitadas nesta mobilización á que tamén acudiu a plataforma en defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que vén de retomar as accións de protesta.

-A provincia leva máis dunha semana sen o helicóptero de emerxencias do 061 con base en Santiago, un dos dous que hai en Galicia. Desde a xunta de persoal lamentan que non é a primeira incidencia que rexistra a aeronave

- A futura estación intermodal de Santiago inauguraráse despois da Semana Santa. O PsdG vén de anunciar que este verán xa estará en funcionamento.

-Nos deportes, triunfo do Deportivo ante o Cádiz este domingo en Riazor. Quedaron 1 a 0 cun gol de Mario Soriano

Galicia Informativos
Más opciones