Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 03/07/2503/07/2025

Noticias de A Coruña en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve

Ferrol acolle hoxe unha concentración convocada polos traballadores da recollida de lixo, de Urbaser, pola posta en liberdade do presunto agresor dun compañeiro a madrugada do domingo.

Hoxe cúmprense catro anos do asasinato de Samuel Luiz na Coruña. A asociación LGTBI+ ALAS organiza pra esta tarde unha vixilia na Avenida de Buenos Aires...O punto no que tivo lugar a mortal agresión homófoba que acabou coa súa vida.

A consellería de Sanidade apunta que polo momento son arredor de 150 os afectados por salmonelose con orixe no festival TrasanFest, celebrado en Oza Cesuras. Hai ademáis outras catro comunidades rexistrando casos.

Galicia Informativos
Más opciones