Algo semella que se move no congreso dos deputados.... Quizáis pola cercanía dun debate orzamentario. O caso é que a transferencia da AP9 a Galicia volve a estar en marcha. Desbloqueouse tras meses e meses de prórrogas o debate das súas emendas e con el a súa posible aprobación.
No noso parlamento falábase outra vez da situación de Ryanair
- Dabase ó primeiro rexeitamento da Xunta a pedi-la transferencia das competencias en aeroportos, mentres os traballadores de Santiago inician mobilizacións contra os despedimentos
- O Foro económico de Galicia sinala que o beneficio das empresas medra máis que os salarios, e que iso está a lastrar o noso crecemento
- O Ministro de Pesca inaugura un Conxemar con falta de materia prima confiando en que non haxa novos recortes nas cotas pesqueiras