Galicia Informativos Crónica de Galicia - 29/06/2529/06/2025

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE

Novos datos sobre o mapa da vivenda en Galicia. Confirman a baixada da oferta de alugueiro: en menos de cinco anos temos un 30 por cento menos de inmobles dispoñibles. A Coruña e Vigo son as cidades que máis oferta perderon.

De seguido debullamos os datos. Tamén analizaremos a perda, neste caso de poboación e de servizos, no rural. O peche de oficinas bancarias é un exemplo. Agora un plan da Xunta agarda fusionar a actividade das gasolineiras con algúns servizos propios dos bancos, como a retirada de cartos.

E poñemos cifra económico o que supón para Galicia perder poboación e talento, a chamada fuga de cerebros.

No tempo de entrevista, recibimos á conselleira de Medio Ambiente a dous días de que Galicia asuma todas as competencias de ordenación do litoral.

Todo nun día con aviso laranxa por altas temperaturas no Miño de Ourense e sur de Lugo... Un nivel menos, amarelo, no resto. Só se salva o litoral.

Galicia Informativos
Más opciones