Galicia InformativosCrónica de Galicia - 25/04/2525/04/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Chega a súa fin o debate sobre o estado da autonomía coa votación das propostas dos grupos. Das máis dun cento presentadas, a maioría das que saen adiante son as do Partido Popular. Dos principais grupos da oposición, só dúas -do PSdeG- lograron o consenso; ningunha do máis numeroso, o BNG.
Un debate que entre os grandes titulares deixaba na primeira xornada o anuncio de creación de máis de vinte novas residencias de maiores. O colectivo galego da dependencia celebra o paso pero alerta: nin chegará para paliar as listas de agarda nin se sabe de momento se detrás haberá xestión privada.