Galicia InformativosCrónica de Galicia - 24/04/2524/04/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Na xornada de transición entre a primeira e a segunda sesión do Debate sobre o Estado da Autonomía, os grupos da oposición coinciden en facer o mesmo reproche ó presidente da Xunta: tanto BNG como PSdeG cren que Alfonso Rueda está afastado da cidadanía, desconectado dos problemas do día a día. Como exemplo poñen o levantamento veciñal contra Altri. É só un dos temas que figura nas propostas de resolución presentadas polo grupos e que xa anticipan que será difícil acadar pactos unánimes mañá no Parlamento.