Crónica de Galicia - 22/08/25
Seguen centos de efectivos tratando de estabiliza os 8 focos activos, dentro dunha sensación de calma tensa, porque en calquera momento pode saltar unha reproducción ou un novo aviso. Coma os tres que nas últimas horas ameazaron zonas poboadas en Carballedo, Vilaboa, e Oia, onde xa pasou o peor. Algo fora do foco, lonxe das zonas poboadas, seguen tamén as lapas danando algúns dos grandes valores ambientais da comuindade
Rueda recoñece a melloría pero pide que a UME atrase a súa desescalada por precaución, e pra axudar na reposición de infraestructuras danadas. O BNG cre que o presidente debe comparecer pra dar conta da xestión da Xunta ante a peor crise en 35 anos, e pide que se convoque a deputación permanente
Os concellos afectados, indignados pola decisión da fiscalía de medio ambiente de investigala súa responsabilidade. Din que teñen plans de prevención, pero non capacidade de sancionar. E sinalan, eles e outras voces, ós numerosos terreos abandonados sen dono coñecido
Hoxe o tempo non acompaña tanto ós traballos de extinción. Suben as temperaturas e non hai tantas nubes..