Galicia InformativosCrónica de Galicia - 22/01/2522/01/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Os operativos contra o tráfico de drogas continúan na nosa comunidade. Hoxe por partida dobre. A Costa da Morte amenceu cun posible narcosubmariño, semiafundido, en Camariñas. As forzas de seguridade traballan no lugar e de momento non confirman se hai droga no seu interior. En todo caso non é o primeiro artefacto similar achado en Galicia, cómpre lembrar o interceptado na ría de Aldán en 2019.
E en Vigo inspecciónase un buque mercante con bandeira de Bahamas ante a sospeita de que conteña un alixo de droga. Desde a subdelegación do goberno celebran o traballo dos axentes na loita contra o tráfico de drogas na nosa comunidade.