Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
O sistema europeo de información sobre os lumes forestais eleva a máis de 125 mil as hectáreas queimadas en Galicia neste mes de agosto... Cifras moi diferentes das comunicadas pola Xunta, que da conta de 7 incendios activos, aínda que menos virulentos xa por mor da baixada das temperaturas e segundo os afectados porque non queda moito máis que queimar.. Os de maior dimensión, os iniciados en Larouco, Chandrexa, Oimbra e a Mezquita mantéñense en 63 mil hectáreas queimadas.
Hoxe a Xunta sí informa do que cruzou o domingo cara Pena Trevinca, pero sitúa os danos en 20 has, lonxe das estimacións da xente sobre o terreo e os satélites.
Damos conta da sorpresa ante a decisión tomada nas últimas horas de ordenar a bombeiros de Lugo e a Coruña que se dirixían ós lumes de Ourense que regresaran ás súas bases.
A esperanza chega por tren, porque esta tarde poderían retomarse os servizos de AVE tras unha semana cortados... Dende a Xunta cren que iso é o que máis está a afectar ó turismo, aínda que nas zonas afectadas son numerosas as cancelacións de reservas
Avanzan, entretanto, as investigacións sobre a orixe deses lumes. O detido polo primeiro gran incendio forestal deste ano en Galicia, o de Vilardevós, está no xulgado de Verín.