Crónica de Galicia - 20/04/25
Remata hoxe na nosa comunidade a Semana Santa case como empezou: con mal tempo. Na operación retorno que xa comezou hai que ter precaución polas inclemencias meteoróxicas. Os que retrasen o seu regreso para mañá e teñan que facelo pola A-6 saiban que vai haber outra vez problemas ao paso polo Cebreiro. Vanse realizar as obras para impermeabilizar a calzada do reconstruido viaducto do Castro, uns traballos que non se puideron facer co resto das obras porque se precisaba que mellorara o tempo... A ver se conseguen facelos estando así as cousas.
O mal tempo tamén afectou aos numerosos peregrinos que aproveitaron estas vacacións para percorrer o Camiño. Pero non foi o único problema que atoparon: tamén a falta de camas en moitos albergues