Galicia InformativosCrónica de Galicia - 19/11/2319/11/2023
Conflito político en Castro Caldelas...pola visita, en pouco máis dunha hora, do presidente do PPdG. Alfonso Rueda tiña previsto un acto, que lle fora denegado por ser na semana previa á repetición das eleccións municipais.
A alcaldesa, do PSOE, cualifica o acto de "pouco ético" e "denunciable"
Domingo de concentracións...en Santiago en defensa do ensino público...e na Mariña para denunciar as carencias da Atención Primaria.
No informativo de hoxe afondaremos tamén nos últimos avances en investigación oncolóxica, a través dunha reportaxe rodada no Congreso que a Asociación ASEICA organizou na Coruña