Galicia InformativosCrónica de Galicia - 19/05/2519/05/2025
Crónica de Galicia - 19/05/25
Como cada luns, toca reunión semanal do goberno galego. Pero o Consello da Xunta hoxe non está presidido por Alfonso Rueda como é habitual, senón polo conselleiro de presidencia. Todo porque Rueda está en Madrid nun acto do PP nacional, convocado por Alberto Núñez Feijóo.
Para a oposición no Parlamento galego é unha mostra máis do que chaman seguidismo políticos dos intereses do partido e de Madrid. BNG e PSdeG acusan unha vez máis a Rueda de desatender a xestión da autonomía.
Críticas que, no mes de festexar as nosas letras, se estenden á política lingüística da Xunta.