Crónica de Galicia - 18/08/25
Os lumes centran a actualidade deste luns en Galicia, con ata 9 focos activos que están a queimar tanta superficie como toda a campaña de 2017. Avanza con especial preocupación o lume iniciado en Larouco, que xa afecta a toda a comarca de Valdeorras e chega ata o Courel, pero seguen tamén os incendios de Chandrexa, Maceda, Oímbra, e un lume de castela e león que afecta a Pena Trevinca
Son lumes difíciles de abordar, sen unha cabeza clara, e a gran cantidade de focos fai que os servizos de extinción se centren básiucamente en protexe-las poboacións.
As autoridades seguen dando conta de sancións e detencións de supostos autores dalgúns focos, con polémica nalgún caso, coma en Petín, onde os veciños asgeuran que o home detido estaba a loitar contra o incendio cun contralume.
Neste marco, o presidente da Xunta anunciaba que haberá un consello extraordinario en Ourense, no que se activarán axudas pros afectados...
E os sanitarios alertan dos riscos da mala calidade do aire pra saúde. A boa nova está no tempo, que refresca...