Crónica de Galicia - 18/06/25
41 graos este martes en Leiro, hoxe xa 34 a media mañá en Ribas de Sil, superarán os 40 en Ourense. Os expertos en análise do clima reiteran que non son temperaturas normais neste momento do ano, e que estamos ante unha consecuencia clara do quentamento global polo cambio climático.
Cómpre polo tanto moita precaución, especialmente nenos e maiores nas zonas de máis calor. No Miño ourensán e sur de Lugo está activo o aviso amarelo Moitas zonas arestora xa rebasan os 30 graos. Pola tarde as néboas refrescarán algo o ambiente na zona das Rías Baixas
- As vítimas do amianto están máis preto de recibir as indemnizacións do Goberno.
Son entre 32 mil e 96 mil euros, dependendo dos casos, que chegan tres anos despois de que se crease o fondo de compensación.
- Manifestación convocada pola CIG na Coruña contra a absorción do Banco Sabadell por parte do BBVA.
Pídenlle ó Goberno que non permita esta OPA hostil que tachas de especulativa. Consideran que a operación suporá peche de oficinas e despedimentos.
- Néstor Rego rexeitou participar na ronda de contactos do presidente Pedro Sánchez cos seus socios.
O portavoz do BNG considera que esas xuntanzas son un intento de branqueo do PSOE, pero non é partidario da convocatoria de eleccións