Galicia Informativos Crónica de Galicia - 17/04/2517/04/2025

Crónica de Galicia - 17/04/25

A dia de hoxe, moitos traballadores de Stellantis non saben se o luns teñen ou non que acudir á fábrica. A dirección só lles dixo que pode que teñan que efectuar unha parada técnica por problemas no abastecemento de pezas. Afectaría a un dos sistemas de producción. A planta levaba desde comezos de ano sen alteracións na actividade. Para a CUT as paradas non sempre se deben a falta de componentes e lamenta que teñan que ser os propios traballadores os que teñan que preocuparse sobre se teñen que ir ou non o seu posto.

Agora escoitamos as súas denuncias.

- En Vigo, o Porto denuncia o agravio comparativo que supón non ser porto nodal no reparto dos fondos europeos.

Queda así fora do reparto de 3 mil millóns para aquelas instalacións portuarias, como a Coruña, que forman parte do Corredor atlántico.

- A contaminación do encoro ourensán das Conchas podería estar relacionada cunha maior prevalencia de enfermidades hepáticas, canceríxenas ou pulmonares.

Na denuncia tramitada contra a Xunta polo estado da auga inclúense varios estudos que sinalan a presencia de niveis moi elevados de bacterias.

- Na comarca da Ulla, preocupa a expansión do viñedo industrial.

Esta semana publicouse a proposta da avaliación de impacto ambiental doutro destes proxectos que afectaría a outras 18 hectáreas.

- Os mariscadores de a frote de Vilanova de Arousa regresan este luns ao traballo.

Fano obrigados pola negativa da Xunta a autorizar un cese de actividade, pero din que non hai marisco de talla comercial.

- O tempo. Pola tarde entra unha nova fronte que deixará chuvias intensas que entrarán polas Rías Baixas. Temperaturas hoxe algo máis altas

Galicia Informativos
Más opciones