Crónica de Galicia - 15/01/25
Un día máis, temos que falar de narcotráfico, porque temos en marcha unha nova operación no salnés. Hai sete detidos, e os axentes incautaron case unha tonelada de cocaína. Tamén apareceu unha nova planeadora no mesmo lugar da praia do Rego no que quedara unha varada no nadal. E as investigacións sobre o asalto con violencia que tivo lugar este martes en Meis apuntan tamén á posibilidade de que os feitos estiveran relacionados co tráfico de drogas a pequena escala. Hoxe localizouse o coche das víctimas, roubado polos asaltantes
- Sen acordo entre os Sindicatos e o Sergas pra aplicar este ano a xornada de 35 horas semanais na Sanidade Publica.
A Xunta insiste en obrigar ós médicos de atención primaria e hospitais a cubrir as gardas de fin de semana, ademais da xornada ordinaria
- Malestar na FEGAMP polos expedientes sancionadores a concellos que non poden cubrir horas do SAF
Sancións incoadas pola Xunta, que xunto co Estado non está a financiar correctamente o servizo. Poden supoñer multas de entre 8 e 10 mil euros
- Ningunha das 7 cidades cumpre cos prazos máximos marcados pola lei pra conceder unha licencia urbanística
Deberían ser 3 meses, pero son 10 na Coruña -a máis rápida- e dous anos en Ourense. Algo que dificulta o aumento da oferta de vivenda
- Ameaza de folga na fábrica de ENCE en Pontevedra
Os traballadores reclaman á empresa investimentos urxentes nas instalacións 'non' industriais da pasteira.
- O tempo segue seco e solleiro.. e con moito frío, a mínima en 9.3 baixo cero en Calvos de Randín. A circulación de trens estivo interrompida dúas horas en Ourense por xeo nas catenarias