Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 31/12/2531/12/2025

Os traballadores dos servizos de loita contra o lume teñen poucas esperanzas de cambios nas políticas forestais, á vista dos perfís que comezan a súa andadura na consellaría de medio rural. Algo máis agarda o sector pesqueiro, se o novo director xeral queda o tempo suficiente no cargo pra tomar decisións...

Outro cambio importante que veremos esta mesma noite é a suba, de case un 5% nas peaxes da AP9...

E pendentes a esta hora do amplo despregue dos servizos de emerxencia no concello coruñés das Somozas tra-lo accidente dun camión con mercadorías perigosas. A Xunta activou o plan de emerxencias Transgal...

Estableceuse un perímetro de seguridade. Non deixan achegarse a menos de 400 metros, porque a mercadoría é tóxica. O remolque do camión quedou fóra da estrada pero non chegou a envorcar. O accidente produciuse á altura da conexión coa estrada AC.110.

Galicia Informativos
Más opciones