Crónica de Galicia 14:10 - 28/12/25
Un mariñeiro galego desapareu nas antípodas, en Nova Zelandia. Trátase do xefe de máquinas do palangreiro Viking Bay, con base en Vigo. Segundo traslada a cooperativa de armadores, o home caeu ó mar de xeito accidental...
De seguida os detalles... outro apunte nos sucesos, unha veciña de Vigo tivo que se trasladada ó hospital Álvaro Cunqueiro ó resultar ferida con queimaduras nun incendio na súa vivenda ocasionado pola explosión dun forno de gas. Este venres, lembramos, faleceron 3 persoas por incendios nas súas vivendas.
E quedan xa poucos días para noitevella e dende Stop Accidentes urxen ás discotecas e salas de festas a que executen un protocolo de seguridade nos autobuses lanzadeira. Queren evitar accidentes como o ocorrido o pasado fin de ano, no que faleceu un mozo de 18 anos atropelado por un bus
Contamos estes e outros asuntos ata as dúas.. antes facemos parada co tempo.
As mínimas hoxe son algo máis soportábeis que as deste sábado. Aínda así esta mañá rozaban os menos 3 graos en Xinzo, Lalín e Monforte