Crónica de Galicia 14:10 - 25/02/26
A lider de Sumar, Yolanda Díaz, da un paso á beira. Anuncia que non repetirá como candidata nas vindeiras eleccións, no que Sumar Galicia ve un acto de xenerosidade. Reivindícana coma o maior capital político da esquerda.
O conselleiro de Sanidade chama a Omega a sentarse a negociar as melloras que precisa a Atención Primaria, e desactiva-la folga convocada para a vindeira semana.
A Xunta advirte de que a descoordinación dos ministerios de Educación e traballo pode obrigala a prescindir para o vindeiro curso dos 700 auxiliares de conversa.
Cada semana fanse en Galicia 122 mil horas extra sen remunerar nin cotizar, segundo Comisións Obreiras que pide un reforzo da inspección.
No tempo, van ir reducíndose os chuvascos nas vindeiras horas.