Galicia InformativosCrónica de Galicia 14:10 - 24/12/2524/12/2025
Son horas de últimas compras pra noiteboa que imos pasar sen chuvias. Queixas polos elevados prezos pero non impide que a afluencia de xente ós mercados fose alta.
Moitas reunións familiares estes días e os especialistas avisan, pode supoñer que volvan a medrar os casos de gripe.
Pero un dia coma hoxe tamén recollemos a satisfacción dos bombeiros forestais: consideran un agasallo que o Goberno aprobase a reducción de coeficientes que lles vai permitir xubilrse antes.
Como deciamos, non vai chover, pero atención as baixas temperaturas.