Crónica de Galicia 14:10 - 24/02/26
Hoxe falamos de trens da man do conselleiro de presidencia, que foi ó parlamento criticar a xestión do goberno central e demanda-la entrega á Xunta do plan director do corredor atlántico. Pero tamén do delegado do goberno, que defende que nos cortes do servizo durante o temporal primaron á seguridade. E a CGT insiste en que falta material rodante pra prestar un servizo acorde á demanda.
Besteiro advirte de que acudirá á Xustiza se non se entrega o memorando que o goberno galego asinou con Altri.
A CIG anuncia unha convocatoria de folga na Atención Primaria pro 12 de marzo, pola situación límite que atravesa.
As organizacións agrarias ven inviable entrega-los DNIs dos donos das fincas arrendadas, e os contratos de cesión, para tramita-las axudas da PAC.
No tempo, esta noite chega outra fronte. Polo de agora, ventos no litoral da Coruña que xa chegaron ós 119 kilómetros por hora en Vimianzo.