Galicia Informativos Crónica de Galicia - 14/10/2114/10/2021

Xa sabemos as liñas xerais dos orzamentos do Estado para Galicia do ano que ven. Uns orzamentos históricos, en palabras do delegado do goberno, que incrementan un 29 por cento o investimento na comunidade ata un total de 1.075 millons de euros. A piques de rematarse o AVE, recibe un impulso a renovación da rede ferroviaria convencional, especialmente o corredor atlántico de mercadorías

Os sindicatos sanitarios esíxenlle ó Sergas que aplique xa medidas de mellora na atención primaria. Denuncia que as perfiladas hai dous anos seguen sen aplicarse porque o SERGAS non considera vinculantes as conclusións.

A Ciga pide un control dos paros no sector da automoción. Considera que as empresas están cumprindo as previsións de producción e os traballadores son os únicos que sofren as consecuencias da crise.

Os viticultores aseguran que seguen sen coñecer o prezo da uva antes da vendima. Unións Agrarias quere que ás axudas ás adegas se vinculen a un contrato

A Audiencia da Coruña condena a Unión Fenosa e Gas Natural por facturar con consumos estimados. O procedemento é consecuencia dunha demanda dos consumidores á que se sumou á fiscalía de Galicia

Galicia Informativos
Más opciones