Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 21/02/2621/02/2026

Crónica de Galicia 13:30 - 21/02/26

O carpetazo da Xunta ao proxecto de Altri segue dando que falar. Satisfacción pola nova entre a oposición pero tamén dúbidas sobre se vai ser algo definitivo. Neste senso, a plataforma veciñal contra a Mina de Touro, outro proxecto de similares caracteristicas ao da macrocelulosa, sinala que se trata dunha trampa do goberno galego coa fin de gañar tempo. Alegan que foi o mesmo que fixeron coa Mina de Touro pra logo declaralo proxecto como estratéxico para Galicia.

Noutros asuntos desta xornada falaremos tamén da homenaxe que esta tarde se vai celebrar en Marín ás vítimas do Villa de Pitanxo xusto cando se cumpre catro anos deste fatal naufraxio.

Nos sucesos. Detido un traballador da central de Sabón, en Arteixo, acusado de roubar material de laboratorio por valor de máis de 1.000 euros. A investigación forma parte doutra iniciada no mes de xullo pola subtracción de barras de cobre e tubaxes de aceiro inoxidable, que culminou coa detención de tres traballadores da empresa.

No tempo da entrevista falaremos de cine coa directora Anxos Fazáns, cuxa película "As liñas descontinuas" ten once nominacións prós premios Mestre Mateo.

Galicia Informativos
Más opciones