Crónica de Galicia 14:10 - 13/04/26
A plataforma en defensa da sanidade pública denuncia hoxe nas rúas, nunha vintena de localidades, o desmantelamento da atención primaria. Denuncian a falta de persoal e listas de agarda de ata 15 días, que repercuten nos pacientes e nun persoal sobrecargado.
A ameaza dunha folga de fame da nai de acollida mobiliza a política social e educación, e consegue un aula para un rapaz de 15 anos con dependencia que levaba 14 meses sen escolarizar.
O Sindicato de Maquinistas promove o indulto para o condutor do tren Alvia que descarrilou en Angrois, condenado a dous anos e medio de cárcere por aquel accidente.
Arrinca o xuizo contra un loteiro da Coruña e o delegado de Loterías por apropiarse dun boleto da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros.
No tempo, día de ceos nubrados e chuvias de escasa intensidade.