Crónica de Galicia 14:10 - 11/03/26
O conflicto entorno a Altri abriu unha fenda no parlamento galego que ameaza con rachar ata cos pactos máis institucionalizados e antigos do pazo do hórreo. Hoxe a sesión de control volvía evidenciar a distancia entre PP e BNG sobre o nome do próximo vicevaledor, que tradicionalmente propón o segundo partido da cámara. Tamén a imposibilidade de acordar unha declaración sobre a guerra en oriente próximo.
Unha guerra que non perturba á multinacional Inditex, que vixilan a situación pero confían na súa capacidade para se adaptar a situacións complexas, como demostraron coa crise dos aranceis. E baten records de beneficios.
Nace a plataforma "Emerxencia, dependencia" que aúna colectivos sociais, profesionais e políticos para denuncia-la situación insostible deste sistema.
Unha veciña do concello de A Baña entrega ó ministerio 70 mil sinaturas para pedir que se adianten os cribados de cancro de mama ós 40 anos.
No tempo, imos ver máis claros a medida que avance a xornada.