Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 10/03/2610/03/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 10/03/26

Tal día coma hoxe en 1972 a policía armada disparou contra unha manifestación pacífica de máis de 4 mil traballadores, e deixou dous mortos e un cento de feridos. Hoxe, o goberno de España condena a súa actuación desproporcionada e recoñece a trascendencia histórica do sucedido naquela xornada que deu lugar á celebración do día da Clase Obreira galega. Un día de manifestacións e reivindicación.

O PP rexeita a comisión de investigación sobre a tramitación do proxecto de Altri, que demandaban BNG e PSdeG.

Preocupación polo impacto das alzas no combustible, a luz e o gas na economía galega, especialmente na industria electrointensiva e os pequenos negocios.

A Xunta e a patronal acusan ó goberno central de querer obstaculizar calquera actividade económica no dominio público marítimo co novo regulamento de costas.

No tempo, unha pequena tregua antes da volta das chuvias esta noite, xa con algo menos de frío.

Galicia Informativos
Más opciones