Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 09/03/2609/03/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 09/03/26

O combustible está en plena escalada. Os transportistas chaman a aplica-las cláusulas que obrigan a subir os prezos dos servizos nestes casos. Unións Agrarias pide directamente que se abra unha investigación de oficio ante o sospeitoso comportamento dos prezos.

Entramos xa na segunda semana de folga sanitaria. O sindicato Omega reforza a presión instando ós médicos a deixar de facer peonadas para rebaixar as citas aprazadas polos paros

Galicia segue por baixo da media de poboación inmigrante, que representa un 7% da poboación, e a Xunta urxe a axilizar os permisos de traballo para estranxeiros

Novo intento de Santiago para activa-la zona residencial tensionada e conter os prezos dos alugueiros. En Vigo marcan máximos tamén na compravenda.

No tempo, xornada de auga e frío.

Galicia Informativos
Más opciones