Saúdos de novo... O consello de política fiscal debaterá o mércores que ven a proposta do goberno central pra un novo modelo de financiamento. Serían 580 millóns de euros máis, o que sitúa a Galicia, segundo o goberno, como unha das comunidades máis beneficiadas. Polo de agora, a Xunta non valora o fondo, pero sí que se presente sen debatilo antes, e despois do acordo con Cataluña
A xustiza anula o programa de contratos de 3 anos a tódolos médicos que acaben o MIR, por discriminar ó resto da profesión
Traballadores desbordados, operacións reprogramadas e agardas por unha cama de máis de 24h no hospital Montecelo
Vía libre ó acordo con Mercosur, con críticas do sector agrogandeiro que teme competencia desleal
No tempo, as chuvias van ir remitindo nas últimas horas, pero volverán con forza na tarde-noite do sábado.