Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 06/03/2606/03/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 06/03/26

Quinto día de folga dos médicos de atención primaria, con estimacións de seguemento semellantes ás dos anteriores por ambas partes, e as posicións máis inmóbiles ca nunca trala reunión fallida deste xoves. O conselleiro insiste en que o que ten que facer Omega é unirse á negociación aberta na mesa sectorial, e o sindicato insiste en que un acordo é posible.

Galicia será mañá a primeira comunidade en prohibir o consumo de bebidas enerxéticas e cigarros electrónicos a menores.

As contas galegas, preparadas para adaptarse ás incertezas que abren os conflictos internacionais ou axudar ós sectores afectados polo cambio climático.

A Xunta chama ás industrias galegas a entrar no sector da Defensa, ante o previsible crecemento deste sector nun contexto de rearme europeo.

No tempo, fin de semana frío por diante, con algunhas chuvias na mañá do sábado e a noite do domingo.

Galicia Informativos
Más opciones