Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 05/03/2605/03/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 05/03/26

Rematou a nova reunión entre o sindicato Omega e a consellaría de sanidade, e non semella que houbera acordo pra poñer peche á folga indefinida que manteñen dende o luns. O conselleiro di que non se poden centrar únicamente en limitar as axendas.

O número de vivendas en alugueiro residencial cae nas sete cidades no último ano. Algo máis na Coruña, onde se rexistra a maior caída de prezos.

O Ministerio de transportes inicia un plan de reparación das estradas danadas polos temporais, con 38 millóns de euros de orzamento.

Os armadores alertan de que os prezos desbocados do gasóleo polo conflito bélico en Irán provocarán novas alzas do prezo do peixe.

No tempo, hoxe soubemos que este foi un dos catro invernos máis chuviosos da serie histórica... E temos de novo chuvias.

Galicia Informativos
Más opciones