Os colectivos en defensa da sanidade pública e o BNG miran con preocupación ás informacións que chegan dende Madrid sobre as prácticas do grupo Ribera Salud pra aumenta-los seus beneficios... No día en que Vigo sae á rúa en demanda de melloras sanitarias, demandan vixilancia sobre o hospital Povisa, xestionado por este grupo.
A unidade de policía adscrita deixará de atender a víctimas de violencia de xénero se non hai acordo co Ministerio pra aumenta-los seus efectivois
As mariscadoras do fondo da ría de Pontevedra volven á actividade trala toxina, con bos prezos pero queixas polas baixas cotas
Abogados e procuradores demandan un trato digno e pagos suficientes pros traballadores do turno de oficio
No tempo, segue a humidade pero con menos chuvascos pola tarde...