Galicia InformativosCrónica de Galicia 14:10 - 03/01/2603/01/2026
Crónica de Galicia 14:10 - 03/01/26
con inquedanza, nervios, preocupación e tamén con certa esperanza segue a colectividade venezolana en Galicia as consecuencias dos ataques estadounidenses da pasada madrugada. Algúns cren que esta intervención pode marcar a fin do actual Goberno.
Pola contra... outros colectivos galegos convocan pola tarde unha concentración fronte ao Consulado de Venezuela en Vigo para condenar unha agresión que consideran ilexítima.
E os sindicatos denuncian carencias nos xulgados de violencia de xénero de Santiago e da Coruña. Reclámanlle á Xunta que habilite tódolos medios para garantir a atención ás vítimas.
No tempo da entrevista falamos coa escritora Lucía Solla Sobral, gañadora do Premio El Ojo Crítico, de RNE