Crónica de Galicia 14:10 - 02/04/26
Nesta xornada festiva, pero de apertura comercial... A falta de voluntariedade do traballo en días coma estes é unha das causas trala convocatoria á folga dos máis de 8 mil traballadores dos grandes almacéns. Tamén os baixos salarios e a alta precariedade e parcialidade das xornadas.
E non foi a única protesta deste xoves santo. Tamén marcharon, entre Cabanas e Pontedeume os donos de terras no Parque Natural das Fragas do Eume, que insisten en reclamar compensacións polas restricións de uso das súas fincas.
No día en que Alvedro queda sen enlaces con Valencia e Málaga, achegamos tamén a proposta do cluster turístico pra atalla-la perda de conexións aeroportuarias... E miramos tamén ás localidades nas que as celebracións da semana santa teñen maior importancia... Non semella que o tempo vaia empaña-los actos...